21.10.08

 

A fala de Lucas


Levo un tempo pensando que a forma de falar de Lucas merece que se garde para a posteridade e por iso estiven tentando gravalo en acción, pero, coma sempre, os cativos case nunca fan o que queremos que fagan no momento que llo pedimos e, claro, ao final vou ter que escribir un minidicionario para recoller os termos que emprega.

Digamos para que ninguén se asuste que os pequechos teñen por costume reducir as palabras, co que é difícil que as empreguen completas ata o cabo dun tempo (meu fillo é un experto en dicir só a primeira sílaba das palabras); e se a isto lle sumamos a incapacidade para pronunciar correctamente certas cadeas de fonemas, atopámonos con que a fala de meu fillo é máis común do que a simple vista poida parecer. O que si que me choca é a cantidade de termos que manexan estes pitufos e a cantidade (obviamente moitísimo maior) de conceptos que comprenden. A ver que vos parece a fala de Lucas, que ten pouco máis de ano e medio. Déixovos con ela.
  1. pe (tanto o pe coma o pelo e as pernas)
  2. man
  3. o (tanto o ollo coma a orella)
  4. na (nariz)
  5. de (dedos e dedas)
  6. den (dentes)
  7. bo (boca)
  8. cu
  9. ba (brazo)
  1. pan (pantalón)
  2. ca (camiseta)
  3. tenis
  4. to (toalla)
  5. tin (calcetín)
  6. ma (manta)
  7. go (gorro)
  8. bo (botón)
  1. co (equivale a comer e á comida)
  2. gur (iogur)
  3. quei (queixo)
  4. agua (auga)
  5. bi (biberón)
  6. pan
  7. ga (galleta)
  8. ma (mazá)
  9. pe (pera)
  10. pa (plátano)
  11. me (melocotón)
  12. no (noz)
  13. la (laranxa)
  14. ki (kiwi)
  15. fe (fresa)
  16. bibe abu (cervexa de botella)
  1. yiyi (o seu oso para durmir)
  2. mu (música)
  3. lli (libro)
  4. o (oso)
  5. mi (mickey mouse)
  6. mo (moto)
  7. bi (bici)
  8. co (coche)
  9. ca (camión)
  10. ten (tren)
  11. bus
  12. bar (barco)
  13. taatoo (tractor)
  14. a (avión)
  15. cote (helicóptero)
  16. ba (balón)
  17. gol (fútbol/balón de fútbol)
  18. pin (pinturas)
  1. un
  2. do
  3. tes
  4. ca
  5. chin
  6. se (para o seis e o sete)
  7. oi
  8. no
  9. dee
  1. can
  2. ga (gato)
  3. pa (paxaro)
  4. pei (peixe)
  5. cua-cua (pato, aínda que tamén o chama pa)
  6. ca (cabalo)
  7. va (vaca)
  8. bee (ovella)
  9. lo (lobo)
  10. o (oso)
  11. coco (cocodrilo)
  12. mo (mono)
  13. le (león)
  14. ti (tigre)
  15. bu (burro)
  1. pis
  2. caca
  3. ca (calle)
  4. ca (casa)
  5. tintón (reloxo)
  6. titititi (despertador)
  7. gaga (teléfono e diga)
  8. nene (neno/nena)
  9. titi (chica guapa, sobre todo se é loira)
  10. ra (radio)
  11. va (vaso)
  12. cae/cai (para caer, caeu, caín...)
  13. ven (imperativo)
  14. ben
  15. non
  16. si
  17. aquí
  18. a (adeus)
  19. o (ola)
  20. ma (mala/malo)
  21. ma (máis)
  22. to (todo)
  23. gua (guapa/-o)
  24. co (comer, como, comes...)
  25. co (corre, corro...)
  26. co (colo)
  27. pon (pon, poñer...)
  28. ti (quere dicir eu)
  29. mi (mira, imperativo)
  30. co (colle, imperativo)
  1. mamá
  2. papá
  3. abu
  4. abu Pepe (o seu bisavó)
  5. Ani (tía Fani e o meu primo Dani)
  6. Go (Yago, meu irmán)
  7. I (Iria, a moza de Go)
  8. Pepín (un tío meu ao que chamamos así)
  9. Lo (Loli, miña madriña)
  10. Artur (o fillo duns amigos que se chama así)
  11. Gu (polo seu nome: Lucas)
  1. co ti (como eu só, con golpe na man de mamá incluído)
  2. mamá ven (versións con papá, abu...)
  3. mi mu (ponme a música de Mickey xa!)
  4. mamá (ou papá, etc.) mi (mira!)
  5. mamá co (mamá hai un coche ou colle o coche, tamén o di con outras persoas e obxectos)

2.10.08

 

bufff!

Estou alucinada, aprendendo a fedellar a pizarriña dixital e o software, porque, coma sempre, unha é unha tiquismiquis de moito coidado e pretende facer as súas propias actividades. Cando por fin saia do lío no que me metín teño que compartilas convosco, pero polo de agora estouvos en obras. Polo demáis, no cole xenial, aínda q teño 24 alumnos!!!! (case como cando nós eramos pequechas) e, por culpa de semellante multitude, temos algúns problemiñas co volume na aula e iso, pero en xeral moi ben... A profe do ano pasado dos meus pequenos pensadores era María Gómez-Ulla (Marti acórdaste dela? Estudou con nós en Filoloxía). Bueno, xa conterei máis noutro momento, que estou con montóns de fiestras abertas e me vou a facer un lío. Bicos a todas e sorry!!! Aínda que creo que xa non debería nin pedir perdón pola tardanza en escribir porque vou ter que ir aceptando que son así de nacemento: pouco cumplidora.

20.7.08

 

ESTOU AQUÍ!

Estou de novo aquí, detrás do teclado, escribindo, e espero xa non parar de facelo. En todo este tempo seguía aquí, a medias, porque vos leía e ás veces ata deixaba pequenas mostras de que o facía nunhas liñas nas vosas entradas, pero agora tentarei tamén facer eu as miñas, iso si, sen promesas, que a última que fixen nesta blog non a cumplín. Manterse aquí detrás a escribir con relativa frecuencia esixe unha constancia que eu non teño, pero que agradezo que os que seguides sempre aí detrás dos vosos teclados teñades porque sodes unha gran compañía.


20.7.07

 

abandonadiños



Téñovos dende hai xa moito tempo abandonados e aínda que está moi feo dicilo, vouvos dar as miñas dúas excusas para ter feito isto de deixar de escribir. A primeira chámase Lucas e ten xa catro meses e pico. Ter un Lucas, ou un Fran, ou unha Nerea, ou unha Catuxa... é o mellor que lle pode pasar a un na vida, pero cámbiacha, e moito. O segundo motivo é o que Mariña deu en chamar "ir a polo óso", que, por certo, aínda non sei se conseguirei acadar, pero estouvos preto, preto del. Espero que os dous motivos vos parezan tan importantes coma a min, espero poder compensar ese longo abandono. A partires de xa mesmo tentarei non perderme polo bosque e estar por aquí varias veces á semana (non digo cada día porque me coñezo e sei que non o cumpliría).


15.3.07

 

LUCAS XA ESTÁ AQUÍ

O segundo día na casa e xa se daba largos na bañeira! Agora que xa ten 10 días seguimos tan felices coma cansos, e iso que xa estamos comezando a collerlle o ritmo ás tomas do pitufo e a costume de durmir máis de tres horas seguidas parece xa formar parte dun pasado moi lonxano. Bueno, por Lucas vale a pena! Palabra de nai!

9.2.07

 

A PUNTO


Xa falta moi pouco para que Lucas estea aquí. En principio contabamos con el para o 7 de marzo, pero parece ser que xa está moi grandeciño, ten todo formado e debe querer saír, polo que non creo que tarde moito. A miña placenta xa está madura e o líquido amniótico empeza a ser algo escaso, ademais as contraccións preparatorias aumentaron en forza e en número, asi que xa me estou facendo a idea de que o meu fillo debe querer disfrazarse xa este ano (espero que no hospital me deixen tomar orellas!). Xa vos contarei e vos porei unha foto do rei da casa tan pronto como chegue, que xa estamos desexando que veña, e iso que non somos monárquicos!

30.12.06

 

unhas risas



O mércores 27 lin na contraportada de "La Voz de Galicia" unha columna de César Casal González que me fixo chorar da risa ata o punto de ter que parar varias veces antes de poder continuar lendo. Inclúe erros cometidos ó falar e que son enviados polos lectores. Vou transcribir a maior parte do texto para que o disfrutedes... Preparade varios panos porque ides chorar!:

"...Una mujer de una inmobiliaria me escribe que unos señores le pidieron ver unos árticos, en vez de áticos. Mucho mejor es la que quería una cocina de fornica con tiradores de acero inexorable. En las oficinas del Inem pasa de todo. El que llega y dice en la ventanilla que quiere pedir el suicidio, en lugar del subsidio. Y la que sin cortarse pregunta en voz alta ¿dónde está el himen? También hay conferenciantes que dan para mucho juego. Como el que, tras su charla, veía que nadie se arrancaba a hablar y dijo él mismo: Voy a iniciar yo la ronda de preguntas para romper el fuego. Menos mal que no se puso a disparar. Nuestros hombres y mujeres de batas blancas han escuchado de todo. Doctor, es imposible que mi hija esté embarazada. Ella me aseguró que siempre lo hacía con su novio de córpore insepulto. O la otra que les dijo a las amigas: "Me voy a toda prisa. Tengo cita con el uterino naringólogo". Ahora estamos en unas aulas a punto de hacer un examen. Entra un profesor y dice: Se me ponen en tictac para que nadie pueda copiar del de delante. Todos miraron para el reloj. Hubiese sido más efectivo en zigzag. Están las frases que escucha uno mismo. Como la mujer que, apenada, te dice que murió la chica que cantaba y añade: Ahora le pondrán una estatua en Chipirona, por Chipiona. O la entusiasta que te dice que algún día ganarás el Premio Puligan, marca de ropa, por Premio Pulitzer. O quien te pregunta si el libro que lees es un rock seller..."


19.11.06

 

EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA


Nunha sociedade coma a nosa, na que cada vez somos máis intolerantes, menos respetuosos e máis egoístas, abundan adultos cargados de prexuízos que unicamente consideran como válidas as súas propias ideas.
Semella por iso moi necesario tratar de mellorar a educación, cando menos dos adultos do futuro. Entón, ¿como se pode pensar que tentar educar ós nosos nenos en valores democráticos (supostamente defendidos por todos) atenta contra a liberdade dos pais? ¿Non atentará máis contra a nosa liberdade o feito de que cuestións dogmáticas, neste caso non compartidas por todos nin defendidas pola constitución, ocupen parte do horario escolar para algúns nenos, mentras que ós outros se lles aparta da súa aula coma se dun castigo se tratase?

7.11.06

 

EMBARAZO


Náuseas, vómitos, mareos, cansancio, gases, estreñimento, pesadez, hinchazón, insomnio... Pero cando vas a facer ecografías, cando se move, cando dá golpeciños, cando oes o seu corazón bater a unha velocidade vertixinosa... olvídaste de todas as dores e sabes que valen a pena.
Agora, que xa estou no quinto mes de xestación e xa estou moito mellor (ainda que demasiado gorda, segundo a miña matrona), prometo seguir coa blog, que deixara aparcadiña tras darvos a boa nova.

9.7.06

 

Mariña invitoume a facer outro meme e non me puiden negar... Aí vai!

- 10 anos atrás... Estaba tola con ter cumplido a maioría de idade.
- 5 anos atrás... Estaba a piques de rematar filoloxía e quería escaparme de novo a Londres, pero non o fixen porque empecei outras cousas, entre elas unha relación co home dos meus soños (pero que cursi soa isto!, como é certo vouno deixar)
- 1 ano atrás... Aínda estaba de exames!!!!
- Onte... Conteilles ós meus pais e ós pais da miña parella que estou embarazada!!!! (gracias pola noraboa que estades dicindo agora mesmo)
- Mañá... Estou dacordo con Mariña: nunca se sabe.
- Snacks... Ummm! I love them!
-Cinco bandas e/ou artistas... Só cinco? Bueno: the Beatles, Donovan, the Who, Pink Floyd e Jeff Buckley (e todos os meus discos de jazz tamén).
- Cousas que faría con 100.000.000 €... Eh? Iso dá para arranxar uns cantos países subdesenvolvidos.
- Cinco lugares aos que me gustaría ir... Gustaríame ir a tantos sitios! Pero direi cinco, a ver: Islandia, os países Escandinavos, puidendo ver a aurora boreal, por suposto; Turquía, os Balcáns e a Patagonia.
- Cinco malos hábitos que teño...
1. Ser demasiado faladora.
2. Ser excesivamente ordenada e limpa.
3. Ser demasiado impulsiva ás veces.
4. Ser olvidadiza con moitísima frecuencia.
5. Ser mimosa demais.
- Cinco cousas que me gusta facer...
1. Estar en boa compañía.
2. Escoitar música.
3. Ler.
4. Aprender.
5. Comer e beber cousas ricas, ricas.
- Cinco cousas que NUNCA vou empregar... Espero nunca empregar ningún tipo de arma.
- Cinco programas de TV que me gustan... Mulleres Desesperadas, Caiga Quien Caiga, Nada por Aquí, 4X4 e Documentos TV.
- Cinco películas que me gustan... American Beauty, Los Otros, O Gran Ditador, Pero quién mató a Harry? e Top Secret.
- Cinco persoas que me gustaría coñecer... Buf! Non sei.
- As cinco cousas que máis disfruto.
1. Estar en boa compañía (igual que Mariña)
2. Esta ímola censurar (jeje) pero podería estar incluída na anterior.
3. Unha boa comida (ou cea ou almorzo).
4. O momento no que sei que algo saíu ben.
5. Cando a música é perfecta para o momento.
- Cinco xoguetes favoritos... de cando era pequena:
1. Os meus vinilos (e os de meu pai)
2. A corda.
3. Laika.
4. O libro de Hans Traxler: La aventura formidable del hombrecillo indomable.
5. O meu pobo enteiro.
- Tres persoas afortunadas para que fagan o mesmo... Quen queira que o faga, vale?

3.7.06

 

de oficio: mestre


Se queredes recordar a un mestre que traballou arreo polo que moitos cremos e que foi asasinado por iso antes de que os que eran coma el foran considerados "envelenadores de conciencias", premede este enlace e vos atoparedes coa vida e a morte de Bernardo Mato Castro.
Un recordo a todos os que foron, coma el, alentadores do coñecemento nun tempo no que era moi complicado selo.

26.6.06

 

sistema solar


Estaba estudando, atopei isto e non puiden evitar compartilo con vós.

15.6.06

 

TENRO ICOSAEDRO

Como Martina quería que fixéramos o quiz, aquí tendes a miña resposta (aínda que hei de precisar que non entendín algunhas preguntas que falaban de seres sacados, supoño, das novelas de Tolkien). Animádevos a facelo!

I am a d20

Take the quiz at dicepool.com


4.6.06

 

ROMPENDO IDEAS


Hai xente á que parece gustarlle ben pouco que os demais pensen e expresen os seus pensamentos. Sobre todo se eses pensamentos non só non coinciden cos deles, senón que aínda por riba os cuestionan e os analizan dun xeito crítico.
Quero adicar estes cristais rotos a esa xente que foi quen de pensar e actuar de maneira diferente e que agora poida estar sufrindo as consecuencias da súa rebeldía.
Estou segura de que toda a CCP está con vós e non cos que rompen os cristais empregando pedras.


24.5.06

 

meme

Mariña invitoume a cubrir nun documento unha serie de campos, que, por certo, recordan un pouco a Rafaella Carrá, quen dicía iso de "allora si fuera". Bueno, suponse que despois de cubrilo e amosalo publicamente hai que invitar a 5 persoas a que fagan o mesmo, así que eu vou invitar a Martina, Rocío, Olga, Marco e ós meus alumnos (que o farán como grupo, consensuando respostas, e en inglés... verás ti que risas nos botamos!). Por suposto calquera que o desexe pode contestar estes "se fora..." e envialos por correo electrónico, publicalos na súa blog, dalos en man para que eu os escriba nesta ventaniña ó mundo... Bueno, aquí van os meus "se fora...":

20.5.06

 

no smoking



Fai xa uns tres meses que deixei de fumar e non teño tentacións de voltar a facelo, así que vou incluir aquí un traballo que escribín o ano pasado, antes de que existira a famosa lei antitabaco, sobre a prevención de drogodependencias nos centros escolares.

Nel aparezo coma fumadora, igual que algúns dos que traballaban no centro no que realicei as miñas prácticas I, o Lamas de Abade, e, entre outras cousas, explico o que sucedía nese centro con respecto ó tabaco.

Agora coa lei antitabaco en vigor (que parece moi drástica, pero hei de dicir que axuda a deixar o vicio o feito de non ulir nin ver tabaco) non sei se os do Lamas de Abade seguirán sendo fumadores ou se xa serán exfumadores... En calquera caso, unha aperta dende aquí a todos eles.


9.5.06

 

smile, please!


Mándovos un chiste para provocar, cando menos, un pequeno sorriso, a ver se así olvidamos por un momento o estrés típico destas alturas de curso.
This is the transcript of the ACTUAL radio conversation of a US naval ship with Canadian authorities off the coast of Newfoundland in October 1995.
The radio conversation was released by the Chief of Naval Operations on October, the 10th.
Canadians: Please divert your course 15 degrees the South to avoid a collision.
Americans: Recommend you divert your course 15 degrees the North to avoid a collision.
Canadians: Negative. You will have to divert your course 15 degrees to the South to avoid a collision.
Americans: This is the Captain of a US Navy ship. I say again, divert YOUR course.
Canadians: No. I say again, you divert YOUR course.
Americans: THIS IS THE AIRCRAFT CARRIER USS LINCOLN, THE SECOND LARGEST SHIP IN THE UNITED STATES' ATLANTIC FLEET. WE ARE ACCOMPANIED BY THREE DESTROYERS, THREE CRUISERS AND NUMEROUS SUPPORT VESSELS. I DEMAND THAT YOU CHANGE YOUR COURSE FIFTEEN DEGREES NORTH, I SAY AGAIN, THAT'S ONE FIVE DEGREES NORTH, OR COUNTER-MEASURES WILL BE UNDERTAKEN TO ENSURE THE SAFETY OF THIS SHIP.
Canadians: This is a lighthouse. Your call!

29.4.06

 

O MEU POBO


Este é o castelo da Palma, no que estivo Tejero, xa que antes era unha cárcere militar. Está xusto fronte a miña casa, na outra beira da ría.



Este é o mesmo castelo visto dende o mar e dende o outro lado.



Isto é unha vista do castelo da Palma dende o castelo de meu pobo.




Este é o castelo de San Felipe. Empezouse a construír no século XVII a unha das beiras da entrada da ría de Ferrol. É o castelo do meu pobo, que tamén se chama San Felipe.


Esta é unha áncora que se ve dende o castelo de San Felipe.


Esta é a parte do castelo que dá a mar aberto.



E esta é a miña praia favorita un pouco máis alá da anterior.


8.4.06

 

TARDE, TARDE, TARDE


Levo un montón de tempo desconectada (MIL PERDÓNS!) pero xa estou de volta e pensando en cómo facer unha memoria para a que teño ideas e anotacións pero non feitos, xa que non puiden realizar nin unha soa vez o IT-INSET tal e como acordáramos. Quédanme as ganas de aprender cos alumnos e ser capaz de cambiar, replantexar e reorganizar o que se fai na clase en función das análises que se vaian facendo entre todos no día a día; as ganas de levar a cabo unha verdadeira práctica da que tirar conclusións en positivo e da que aprender de forma grupal, cos alumnos e cos profesores en conxunto... Pero é obvio que non puido ser e que agora as miñas reflexións van ser miñas, aínda que espero que tamén teñan algo, ou moito, de vosas, que sodes os que estades do outro lado para compartir e colaborar nesta comunidade, da que algún día sairán profesores dispostos a seguir compartindo e a non deixarse amedrentar polo que supoñen estes métodos de análise e de aprendizaxe en equipo.

Xa vos irei transcribindo algunhas das ideíñas (son pequechas) que teño por aí anotadas, pero antes propóñovos un xogo. Gustaríame que pensedes nos porqués que vos levaron a decidir ser mestres ( aquí podemos tamén reflexionar sobre se a especialidade foi/é decisiva ou non) e que fagamos unha cadea para ver cales e cantas posibilidades nos saen.

Comezo por dicirvos que no meu caso foi primeiro a decisión lingüística e logo a docente, explícome: eu quería ser tradutora pero suspendín o exame de acceso e me matriculei en Filoloxía, a desgana en principio, claro que en menos de dúas semanas estaba enganchada á Lingüística (gracias Albertuz, onde queira que esteas)... Comecei daquela, en 1º de Filoloxía Inglesa, a "dar clases particulares" (xa sabedes que non me gusta como soa iso de "dar clases", pero bueno...), e aínda sigo dez anos máis tarde. O caso é que cada vez ía tendo máis claro que me encanta o que fago e, como son unha tozuda, a falta de prazas de secundaria, matriculéime en Maxisterio... Somos unhas cantas cun pasado semellante, ¿non? Pero aínda que nun principio nos moveran máis as linguas, chegamos a un punto no que tamén nos moven o ensino e a aprendizaxe e seríamos capaces de ser titores e enfrontarnos a calquera asignatura. ¿Non me digades que non se vos ocurren ideas para levar a cabo en coñecemento do medio, en matemáticas...? No fondo o que nos pasa é que somos un pouco coma nenos con xoguetes novos e queremos experimentar e movernos... ¡Oxalá non paremos nunca!


29.3.06

 

TOMORROW NEVER DIES


As tomorrow never dies, I hope the Oscars don't mean that we stop our work in this community.
Don't forget that we are still here and we can change the future practice together!
CONGRATULATIONS to the winners of those valuable prizes, our own Oscars!

26.3.06

 

Ó CAER A NOITE

Cando cae a noite esperamos que unhas horas máis tarde volte a saír o sol e cando un período remata, esperamos que outro o siga e nos sexa cando menos tan aproveitable coma o que o precedía.
Despois de marchar do cole cun sentimento raro, sen saber moi ben se foi unha estadía positiva ou negativa, teño unha soa idea clara: todo é aproveitable xa que de todo se aprende. Aínda que neste caso se trate de aprender dun xeito negativo, observando comportamentos e formas de traballar que nunca quereríamos reproducir. Isto está ben porque nos ensina o fácil que é caer nesas rutinas tan clásicas coma detestables; neses modos de facer e de falar que van estar aí, no día a día dos centros, e dos que imos ter que escapar constantemente ó longo de toda a nosa práctica docente.
Para tentar escapar desas pantasmas todos xuntos desexo (e oxalá que non sexa a única que o desexa) que cando volte o sol, continuemos coas nosas blogs e coas nosas críticas, facendo da CCP unha forza que movilice o noso traballo futuro. Quen sabe?, quizáis algún día poidamos acabar coas pantasmas para sempre!

21.3.06

 

APRENDENDO DOS NENOS



Como creo que non se lee transcribo:
Mestra: Veamos, Libertad; ¿este es un triángulo...cómo...?
Libertad: ¡Como Dios manda!
M: No, fíjate mejor; si este lado, y este lado, y este lado, miden lo mismo...¿es un triángulo...?
L: ¡Aburridísimo!
M: ¡¡Pero no!! "Un triángulo cuyos lados son todos iguales" ¿es...?
L: ¡Ah!... ¡Socialista!
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Espero non convertirme nunca nunha profe coma a de Libertad (esa nena tan linda debuxada por Quino que tendes aí arriba).
Por certo, moito sabe Quino do comportamento dos nenos... A mín coma a el, supoño, encántanme todas esas respostas inxeniosas dos nenos que tan abraidos nos deixan ás veces; encántame esa suposta inocencia (así lle chamamos) que agocha unhas posibilidades de desenvolvemento e de coñecemento moito maiores das que calquera de nós, adultos xa, poderíamos imaxinar; encántame ese egocentrismo manifesto que afecta a tódalas súas consideracións e esa falla de obxectividade á hora de avalialo todo; encántanme, por suposto, esas ganas tolas de saber que fan que as súas preguntas se lles escapen desenfrenadamente aínda que outros estean falando nese mesmo momento e sexan concentes de que os demáis non van poder oílos...
Espero que a vós tamén vos encanten todos eses detalles dos nosos "locos bajitos", ós que non debemos dicir tantas veces "eso no se hace, eso no se dice, eso no se toca".

16.3.06

 

CRAZY 'BOUT PLASTICINE!!!!!!!



Estes que están aquí enriba son, para quen non os coñeza, Postman Pat and Jess, his black and white cat, e son os protagonistas dunha das primeiras series da BBC que darían pé a moitas outras pequenas marabillas que axudan a que nos reconciliemos coa animación.

Se queredes reconciliarvos de golpe visitade esta dirección na que atoparedes a Pat e a outro bó montón de personaxes e contacontos británicos:
http://www.bbc.co.uk/cbeebies/
O que está aquí ó lado lendo un libro de Dogstoievski (o do nome non é un mistake;) é o meu queridísimo Gromit, o can de Wallace. Estes, que están feitos de plastilina, teñen páxina propia:
http://www.wallaceandgromit.com/fla/wg.html
Igual que os que fan posible que existan:
http://www.aardman.com/html/history.asp
Hai, grazas ás pequenas (agora non tan pequenas) productoras europeas coma esa, un montón de historias animadas nas que os nenos son contemplados coma seres humanos complexos e intelixentes, e coas que se busca, ademais de divertilos, ampliar as súas visións do mundo.
Son unha grande admiradora de todos os que se embarcan en tarefas que parecen ir a superalos e a acabar con eles, e por iso sinto verdadeira devoción por todo o que fai Nick Park, currante nato e fabricante de soños de plastilina, que tras moitos anos de traballo na sombra recibiu, por fin, unha recua de merecidos galardóns. Gracias a eses premios, Nick e o resto de Aardman consiguen maiores inversións para poder seguir realizando proxectos imposibles na súa querida Inglaterra, moi lonxe do Hollywood que lles deu tres Oscars.
Despois de adicarlle estas liñas a algúns dos que traballan para que os demais disfrutemos e poidamos sacar partido desas historias que nos contan para facer que outros disfruten e aprendan a un tempo, direivos que a pesar de empregar videos e DVDs na aula, moitas veces os profes non somos capaces de tirar partido deles. Isto ás veces ten que ver co noso propio traballo e o modo en que organizamos as sesións nas que empregamos estes medios. Pero outras moitas veces ten que ver coa calidade do material que empregamos. No ensino do inglés como lingua estranxeira (isto non sucede con outras linguas dunha forma tan dramática) hai un gran exceso de materiais á nosa disposición, pero moitos deles non cumplen cos fins para os que supostamente debían servir. Álgúns son incluso tan malos coma os videos eses carísimos e supostamente bilingües (moitos intuiredes de cales falo) que certa editorial lles endosou á un bo número de coles públicos e que non parecen servir para absolutamente nada máis que patrocinar as personaxes e as pelis dunha coñecida produtora estadounidense. Nestes videos, nos que boa parte do contido está en castelán, o que atopamos en inglés son cancións moi básicas e repetitivas inventadas para a ocasión, que deben ser repetidas polos nenos ó tempo que ven unhas imaxes que ás veces (case sempre) fan unha referencia pouco clara ó contido da canción, puidendo levar a confusións.
¿Por que non usamos nas escolas materiais naturais, en vez deses artefactos prefabricados, hoxe en día que os temos tan a man? ¿Por que esa manía de recurrir a materiais feitos en inglés só para "estranxeiros"? ¿Por que non consideramos que calquer cousa, por insignificante que pareza e aínda que non teña nada que ver coa lingua, pode servir para facer unha sesión de lingua?

This page is powered by Blogger. Isn't yours?