21.3.06

 

APRENDENDO DOS NENOS



Como creo que non se lee transcribo:
Mestra: Veamos, Libertad; ¿este es un triángulo...cómo...?
Libertad: ¡Como Dios manda!
M: No, fíjate mejor; si este lado, y este lado, y este lado, miden lo mismo...¿es un triángulo...?
L: ¡Aburridísimo!
M: ¡¡Pero no!! "Un triángulo cuyos lados son todos iguales" ¿es...?
L: ¡Ah!... ¡Socialista!
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Espero non convertirme nunca nunha profe coma a de Libertad (esa nena tan linda debuxada por Quino que tendes aí arriba).
Por certo, moito sabe Quino do comportamento dos nenos... A mín coma a el, supoño, encántanme todas esas respostas inxeniosas dos nenos que tan abraidos nos deixan ás veces; encántame esa suposta inocencia (así lle chamamos) que agocha unhas posibilidades de desenvolvemento e de coñecemento moito maiores das que calquera de nós, adultos xa, poderíamos imaxinar; encántame ese egocentrismo manifesto que afecta a tódalas súas consideracións e esa falla de obxectividade á hora de avalialo todo; encántanme, por suposto, esas ganas tolas de saber que fan que as súas preguntas se lles escapen desenfrenadamente aínda que outros estean falando nese mesmo momento e sexan concentes de que os demáis non van poder oílos...
Espero que a vós tamén vos encanten todos eses detalles dos nosos "locos bajitos", ós que non debemos dicir tantas veces "eso no se hace, eso no se dice, eso no se toca".

Comments:
Gracias a ti por animarnos a cambiar, ou a tentar cambiar, as cousas, e por fomentar o noso espírito crítico.
Espero que a CCP, or PCC in English, continúe e que algún día poidamos ser nós as que fagamos de titoras nalgún centro educativo, implicándonos en novas CCPs.
 
E que o problema dos mestres é moitas veces non ser capaces de ver cántas cousas podemos aprender nós dos "locos bajitos" e crernos que somos nós os que temos o poder de ensinarlles a eles, cando sexamos capaces de sacar proveito a toda esa creatividade e esa inocencia que só eles nos poden aportar, poderemos empezar a sentirnos un pouquiño mestres e seremos capaces de estar un pouco satisfeitos coa nosa labor, mediadora, que non de imposición, tendencia máis extendida... Gran comentario Álex, como non podía ser menos pola túa parte, ¡noraboa pola túa blog! Un saúdo.
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?