29.3.06

 

TOMORROW NEVER DIES


As tomorrow never dies, I hope the Oscars don't mean that we stop our work in this community.
Don't forget that we are still here and we can change the future practice together!
CONGRATULATIONS to the winners of those valuable prizes, our own Oscars!

26.3.06

 

Ó CAER A NOITE

Cando cae a noite esperamos que unhas horas máis tarde volte a saír o sol e cando un período remata, esperamos que outro o siga e nos sexa cando menos tan aproveitable coma o que o precedía.
Despois de marchar do cole cun sentimento raro, sen saber moi ben se foi unha estadía positiva ou negativa, teño unha soa idea clara: todo é aproveitable xa que de todo se aprende. Aínda que neste caso se trate de aprender dun xeito negativo, observando comportamentos e formas de traballar que nunca quereríamos reproducir. Isto está ben porque nos ensina o fácil que é caer nesas rutinas tan clásicas coma detestables; neses modos de facer e de falar que van estar aí, no día a día dos centros, e dos que imos ter que escapar constantemente ó longo de toda a nosa práctica docente.
Para tentar escapar desas pantasmas todos xuntos desexo (e oxalá que non sexa a única que o desexa) que cando volte o sol, continuemos coas nosas blogs e coas nosas críticas, facendo da CCP unha forza que movilice o noso traballo futuro. Quen sabe?, quizáis algún día poidamos acabar coas pantasmas para sempre!

21.3.06

 

APRENDENDO DOS NENOS



Como creo que non se lee transcribo:
Mestra: Veamos, Libertad; ¿este es un triángulo...cómo...?
Libertad: ¡Como Dios manda!
M: No, fíjate mejor; si este lado, y este lado, y este lado, miden lo mismo...¿es un triángulo...?
L: ¡Aburridísimo!
M: ¡¡Pero no!! "Un triángulo cuyos lados son todos iguales" ¿es...?
L: ¡Ah!... ¡Socialista!
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Espero non convertirme nunca nunha profe coma a de Libertad (esa nena tan linda debuxada por Quino que tendes aí arriba).
Por certo, moito sabe Quino do comportamento dos nenos... A mín coma a el, supoño, encántanme todas esas respostas inxeniosas dos nenos que tan abraidos nos deixan ás veces; encántame esa suposta inocencia (así lle chamamos) que agocha unhas posibilidades de desenvolvemento e de coñecemento moito maiores das que calquera de nós, adultos xa, poderíamos imaxinar; encántame ese egocentrismo manifesto que afecta a tódalas súas consideracións e esa falla de obxectividade á hora de avalialo todo; encántanme, por suposto, esas ganas tolas de saber que fan que as súas preguntas se lles escapen desenfrenadamente aínda que outros estean falando nese mesmo momento e sexan concentes de que os demáis non van poder oílos...
Espero que a vós tamén vos encanten todos eses detalles dos nosos "locos bajitos", ós que non debemos dicir tantas veces "eso no se hace, eso no se dice, eso no se toca".

16.3.06

 

CRAZY 'BOUT PLASTICINE!!!!!!!



Estes que están aquí enriba son, para quen non os coñeza, Postman Pat and Jess, his black and white cat, e son os protagonistas dunha das primeiras series da BBC que darían pé a moitas outras pequenas marabillas que axudan a que nos reconciliemos coa animación.

Se queredes reconciliarvos de golpe visitade esta dirección na que atoparedes a Pat e a outro bó montón de personaxes e contacontos británicos:
http://www.bbc.co.uk/cbeebies/
O que está aquí ó lado lendo un libro de Dogstoievski (o do nome non é un mistake;) é o meu queridísimo Gromit, o can de Wallace. Estes, que están feitos de plastilina, teñen páxina propia:
http://www.wallaceandgromit.com/fla/wg.html
Igual que os que fan posible que existan:
http://www.aardman.com/html/history.asp
Hai, grazas ás pequenas (agora non tan pequenas) productoras europeas coma esa, un montón de historias animadas nas que os nenos son contemplados coma seres humanos complexos e intelixentes, e coas que se busca, ademais de divertilos, ampliar as súas visións do mundo.
Son unha grande admiradora de todos os que se embarcan en tarefas que parecen ir a superalos e a acabar con eles, e por iso sinto verdadeira devoción por todo o que fai Nick Park, currante nato e fabricante de soños de plastilina, que tras moitos anos de traballo na sombra recibiu, por fin, unha recua de merecidos galardóns. Gracias a eses premios, Nick e o resto de Aardman consiguen maiores inversións para poder seguir realizando proxectos imposibles na súa querida Inglaterra, moi lonxe do Hollywood que lles deu tres Oscars.
Despois de adicarlle estas liñas a algúns dos que traballan para que os demais disfrutemos e poidamos sacar partido desas historias que nos contan para facer que outros disfruten e aprendan a un tempo, direivos que a pesar de empregar videos e DVDs na aula, moitas veces os profes non somos capaces de tirar partido deles. Isto ás veces ten que ver co noso propio traballo e o modo en que organizamos as sesións nas que empregamos estes medios. Pero outras moitas veces ten que ver coa calidade do material que empregamos. No ensino do inglés como lingua estranxeira (isto non sucede con outras linguas dunha forma tan dramática) hai un gran exceso de materiais á nosa disposición, pero moitos deles non cumplen cos fins para os que supostamente debían servir. Álgúns son incluso tan malos coma os videos eses carísimos e supostamente bilingües (moitos intuiredes de cales falo) que certa editorial lles endosou á un bo número de coles públicos e que non parecen servir para absolutamente nada máis que patrocinar as personaxes e as pelis dunha coñecida produtora estadounidense. Nestes videos, nos que boa parte do contido está en castelán, o que atopamos en inglés son cancións moi básicas e repetitivas inventadas para a ocasión, que deben ser repetidas polos nenos ó tempo que ven unhas imaxes que ás veces (case sempre) fan unha referencia pouco clara ó contido da canción, puidendo levar a confusións.
¿Por que non usamos nas escolas materiais naturais, en vez deses artefactos prefabricados, hoxe en día que os temos tan a man? ¿Por que esa manía de recurrir a materiais feitos en inglés só para "estranxeiros"? ¿Por que non consideramos que calquer cousa, por insignificante que pareza e aínda que non teña nada que ver coa lingua, pode servir para facer unha sesión de lingua?

This page is powered by Blogger. Isn't yours?