16.3.06

 

CRAZY 'BOUT PLASTICINE!!!!!!!



Estes que están aquí enriba son, para quen non os coñeza, Postman Pat and Jess, his black and white cat, e son os protagonistas dunha das primeiras series da BBC que darían pé a moitas outras pequenas marabillas que axudan a que nos reconciliemos coa animación.

Se queredes reconciliarvos de golpe visitade esta dirección na que atoparedes a Pat e a outro bó montón de personaxes e contacontos británicos:
http://www.bbc.co.uk/cbeebies/
O que está aquí ó lado lendo un libro de Dogstoievski (o do nome non é un mistake;) é o meu queridísimo Gromit, o can de Wallace. Estes, que están feitos de plastilina, teñen páxina propia:
http://www.wallaceandgromit.com/fla/wg.html
Igual que os que fan posible que existan:
http://www.aardman.com/html/history.asp
Hai, grazas ás pequenas (agora non tan pequenas) productoras europeas coma esa, un montón de historias animadas nas que os nenos son contemplados coma seres humanos complexos e intelixentes, e coas que se busca, ademais de divertilos, ampliar as súas visións do mundo.
Son unha grande admiradora de todos os que se embarcan en tarefas que parecen ir a superalos e a acabar con eles, e por iso sinto verdadeira devoción por todo o que fai Nick Park, currante nato e fabricante de soños de plastilina, que tras moitos anos de traballo na sombra recibiu, por fin, unha recua de merecidos galardóns. Gracias a eses premios, Nick e o resto de Aardman consiguen maiores inversións para poder seguir realizando proxectos imposibles na súa querida Inglaterra, moi lonxe do Hollywood que lles deu tres Oscars.
Despois de adicarlle estas liñas a algúns dos que traballan para que os demais disfrutemos e poidamos sacar partido desas historias que nos contan para facer que outros disfruten e aprendan a un tempo, direivos que a pesar de empregar videos e DVDs na aula, moitas veces os profes non somos capaces de tirar partido deles. Isto ás veces ten que ver co noso propio traballo e o modo en que organizamos as sesións nas que empregamos estes medios. Pero outras moitas veces ten que ver coa calidade do material que empregamos. No ensino do inglés como lingua estranxeira (isto non sucede con outras linguas dunha forma tan dramática) hai un gran exceso de materiais á nosa disposición, pero moitos deles non cumplen cos fins para os que supostamente debían servir. Álgúns son incluso tan malos coma os videos eses carísimos e supostamente bilingües (moitos intuiredes de cales falo) que certa editorial lles endosou á un bo número de coles públicos e que non parecen servir para absolutamente nada máis que patrocinar as personaxes e as pelis dunha coñecida produtora estadounidense. Nestes videos, nos que boa parte do contido está en castelán, o que atopamos en inglés son cancións moi básicas e repetitivas inventadas para a ocasión, que deben ser repetidas polos nenos ó tempo que ven unhas imaxes que ás veces (case sempre) fan unha referencia pouco clara ó contido da canción, puidendo levar a confusións.
¿Por que non usamos nas escolas materiais naturais, en vez deses artefactos prefabricados, hoxe en día que os temos tan a man? ¿Por que esa manía de recurrir a materiais feitos en inglés só para "estranxeiros"? ¿Por que non consideramos que calquer cousa, por insignificante que pareza e aínda que non teña nada que ver coa lingua, pode servir para facer unha sesión de lingua?

Comments:
me tienes abandonada!
Vexo que che gustou a páxina dos cbeebies que che aconsellei que miraras, xa che dixen que sobre todo a dos story makers que era moi boa.
Por certo xa baixei algunha que outra peli de wallace e Gromit, onte vimos de Wrong trousers, está xenial, xa cha pasarei.
Escribeme algo que me tes moi abandonada.
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?