26.3.06

 

Ó CAER A NOITE

Cando cae a noite esperamos que unhas horas máis tarde volte a saír o sol e cando un período remata, esperamos que outro o siga e nos sexa cando menos tan aproveitable coma o que o precedía.
Despois de marchar do cole cun sentimento raro, sen saber moi ben se foi unha estadía positiva ou negativa, teño unha soa idea clara: todo é aproveitable xa que de todo se aprende. Aínda que neste caso se trate de aprender dun xeito negativo, observando comportamentos e formas de traballar que nunca quereríamos reproducir. Isto está ben porque nos ensina o fácil que é caer nesas rutinas tan clásicas coma detestables; neses modos de facer e de falar que van estar aí, no día a día dos centros, e dos que imos ter que escapar constantemente ó longo de toda a nosa práctica docente.
Para tentar escapar desas pantasmas todos xuntos desexo (e oxalá que non sexa a única que o desexa) que cando volte o sol, continuemos coas nosas blogs e coas nosas críticas, facendo da CCP unha forza que movilice o noso traballo futuro. Quen sabe?, quizáis algún día poidamos acabar coas pantasmas para sempre!

Comments:
Despois de ler a túa entrada e o comentario de José Manuel a propósito da mesma, non me queda moito por engadir, só que espero que ese sol brille con moita forza e eu tamén estou convencida de que a nosa CCP vai seguir traballando na mesma liña, co mesmo espírito crítico e tratando de cambiar as cousas pasiño a pasiño,... Noraboa polo comentario, magnífico e do que todos/as podemos sacar cousas de proveito. ¡Un saúdo!
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?