9.7.06

 

Mariña invitoume a facer outro meme e non me puiden negar... Aí vai!

- 10 anos atrás... Estaba tola con ter cumplido a maioría de idade.
- 5 anos atrás... Estaba a piques de rematar filoloxía e quería escaparme de novo a Londres, pero non o fixen porque empecei outras cousas, entre elas unha relación co home dos meus soños (pero que cursi soa isto!, como é certo vouno deixar)
- 1 ano atrás... Aínda estaba de exames!!!!
- Onte... Conteilles ós meus pais e ós pais da miña parella que estou embarazada!!!! (gracias pola noraboa que estades dicindo agora mesmo)
- Mañá... Estou dacordo con Mariña: nunca se sabe.
- Snacks... Ummm! I love them!
-Cinco bandas e/ou artistas... Só cinco? Bueno: the Beatles, Donovan, the Who, Pink Floyd e Jeff Buckley (e todos os meus discos de jazz tamén).
- Cousas que faría con 100.000.000 €... Eh? Iso dá para arranxar uns cantos países subdesenvolvidos.
- Cinco lugares aos que me gustaría ir... Gustaríame ir a tantos sitios! Pero direi cinco, a ver: Islandia, os países Escandinavos, puidendo ver a aurora boreal, por suposto; Turquía, os Balcáns e a Patagonia.
- Cinco malos hábitos que teño...
1. Ser demasiado faladora.
2. Ser excesivamente ordenada e limpa.
3. Ser demasiado impulsiva ás veces.
4. Ser olvidadiza con moitísima frecuencia.
5. Ser mimosa demais.
- Cinco cousas que me gusta facer...
1. Estar en boa compañía.
2. Escoitar música.
3. Ler.
4. Aprender.
5. Comer e beber cousas ricas, ricas.
- Cinco cousas que NUNCA vou empregar... Espero nunca empregar ningún tipo de arma.
- Cinco programas de TV que me gustan... Mulleres Desesperadas, Caiga Quien Caiga, Nada por Aquí, 4X4 e Documentos TV.
- Cinco películas que me gustan... American Beauty, Los Otros, O Gran Ditador, Pero quién mató a Harry? e Top Secret.
- Cinco persoas que me gustaría coñecer... Buf! Non sei.
- As cinco cousas que máis disfruto.
1. Estar en boa compañía (igual que Mariña)
2. Esta ímola censurar (jeje) pero podería estar incluída na anterior.
3. Unha boa comida (ou cea ou almorzo).
4. O momento no que sei que algo saíu ben.
5. Cando a música é perfecta para o momento.
- Cinco xoguetes favoritos... de cando era pequena:
1. Os meus vinilos (e os de meu pai)
2. A corda.
3. Laika.
4. O libro de Hans Traxler: La aventura formidable del hombrecillo indomable.
5. O meu pobo enteiro.
- Tres persoas afortunadas para que fagan o mesmo... Quen queira que o faga, vale?

Comments:
Tesme flipada, aínda estou asimilando a noticia, pero felicidades!
Un detalle, coincidimos en armas de fogo, e en invertir nos países subdesenvolvidos, e que conste que decidín só ler un dos test antes, e collín o de Mariña pa non me influenciar moito polas respostas.
 
olaaaa Noraboa pola nova!!! Espero que isto encah de felicidade a túa (ou vosa) vida!!
Bicos e pasa un bo verán!
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?