8.4.06

 

TARDE, TARDE, TARDE


Levo un montón de tempo desconectada (MIL PERDÓNS!) pero xa estou de volta e pensando en cómo facer unha memoria para a que teño ideas e anotacións pero non feitos, xa que non puiden realizar nin unha soa vez o IT-INSET tal e como acordáramos. Quédanme as ganas de aprender cos alumnos e ser capaz de cambiar, replantexar e reorganizar o que se fai na clase en función das análises que se vaian facendo entre todos no día a día; as ganas de levar a cabo unha verdadeira práctica da que tirar conclusións en positivo e da que aprender de forma grupal, cos alumnos e cos profesores en conxunto... Pero é obvio que non puido ser e que agora as miñas reflexións van ser miñas, aínda que espero que tamén teñan algo, ou moito, de vosas, que sodes os que estades do outro lado para compartir e colaborar nesta comunidade, da que algún día sairán profesores dispostos a seguir compartindo e a non deixarse amedrentar polo que supoñen estes métodos de análise e de aprendizaxe en equipo.

Xa vos irei transcribindo algunhas das ideíñas (son pequechas) que teño por aí anotadas, pero antes propóñovos un xogo. Gustaríame que pensedes nos porqués que vos levaron a decidir ser mestres ( aquí podemos tamén reflexionar sobre se a especialidade foi/é decisiva ou non) e que fagamos unha cadea para ver cales e cantas posibilidades nos saen.

Comezo por dicirvos que no meu caso foi primeiro a decisión lingüística e logo a docente, explícome: eu quería ser tradutora pero suspendín o exame de acceso e me matriculei en Filoloxía, a desgana en principio, claro que en menos de dúas semanas estaba enganchada á Lingüística (gracias Albertuz, onde queira que esteas)... Comecei daquela, en 1º de Filoloxía Inglesa, a "dar clases particulares" (xa sabedes que non me gusta como soa iso de "dar clases", pero bueno...), e aínda sigo dez anos máis tarde. O caso é que cada vez ía tendo máis claro que me encanta o que fago e, como son unha tozuda, a falta de prazas de secundaria, matriculéime en Maxisterio... Somos unhas cantas cun pasado semellante, ¿non? Pero aínda que nun principio nos moveran máis as linguas, chegamos a un punto no que tamén nos moven o ensino e a aprendizaxe e seríamos capaces de ser titores e enfrontarnos a calquera asignatura. ¿Non me digades que non se vos ocurren ideas para levar a cabo en coñecemento do medio, en matemáticas...? No fondo o que nos pasa é que somos un pouco coma nenos con xoguetes novos e queremos experimentar e movernos... ¡Oxalá non paremos nunca!


Comments:
ola, ola
estás totalmente desaparecida. Que é de ti? non é por agobiarche pero espero que foras a ximnasia o xoves porq como non viñestes o mércores, porq xa sabes como é de estricto.
Eu ando liada en Manselle, dou clases estes días e ando a voltas co traballo de prácticas. E como sabes é a Pascua de Padrón, hai que ir comer o pulpo...
 
Gracias, Mariña, que velocidade! Témome que o da cadea de respostas agora vai ser case que imposible...Estamos todos un pouco apuradiños con tantas asignaturas. Eu ata hai momentos nos que debería estar en tres aulas ó mesmo tempo! Como non me convirta en Deus lévoa clara! A ver se logo en Xuño podemos saír a celebrar que xa poderemos ir ás oposicións de Primaria...uns brindis pola escola de maxisterio (jeje)
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?