9.2.07
A PUNTO
Xa falta moi pouco para que Lucas estea aquí. En principio contabamos con el para o 7 de marzo, pero parece ser que xa está moi grandeciño, ten todo formado e debe querer saír, polo que non creo que tarde moito. A miña placenta xa está madura e o líquido amniótico empeza a ser algo escaso, ademais as contraccións preparatorias aumentaron en forza e en número, asi que xa me estou facendo a idea de que o meu fillo debe querer disfrazarse xa este ano (espero que no hospital me deixen tomar orellas!). Xa vos contarei e vos porei unha foto do rei da casa tan pronto como chegue, que xa estamos desexando que veña, e iso que non somos monárquicos!
Comments:
<< Home
Aisss o mais importante é que veña san, pero seguro que con todo o que te coidaches, non terás problemas!!!
Xa cho dixen varias veces, pero parabéns!!!
Espero que podas comer tranquilamente as orellas e as filloas, que xa temos ganiñas de comelas!!!
Bicos
Xa cho dixen varias veces, pero parabéns!!!
Espero que podas comer tranquilamente as orellas e as filloas, que xa temos ganiñas de comelas!!!
Bicos
Moitas gracias chicas, xa vos terei informadas de como vai indo todo. Polo de agora segue igual, aínda que eu estou máis inflada e ata parece que teño esguinces nos pés do hinchados que están. Xa tiven que deixar de currar, non podo nin conducir e me sinto un pouco inútil, pero non creo que falte moito para que chegue Lu e xa serei de utilidade (a ver quen lle vai dar o peito senón).
Moitos bicos!
Enviar um comentário
Moitos bicos!
<< Home