21.10.08
A fala de Lucas

Levo un tempo pensando que a forma de falar de Lucas merece que se garde para a posteridade e por iso estiven tentando gravalo en acción, pero, coma sempre, os cativos case nunca fan o que queremos que fagan no momento que llo pedimos e, claro, ao final vou ter que escribir un minidicionario para recoller os termos que emprega.
Digamos para que ninguén se asuste que os pequechos teñen por costume reducir as palabras, co que é difícil que as empreguen completas ata o cabo dun tempo (meu fillo é un experto en dicir só a primeira sílaba das palabras); e se a isto lle sumamos a incapacidade para pronunciar correctamente certas cadeas de fonemas, atopámonos con que a fala de meu fillo é máis común do que a simple vista poida parecer. O que si que me choca é a cantidade de termos que manexan estes pitufos e a cantidade (obviamente moitísimo maior) de conceptos que comprenden. A ver que vos parece a fala de Lucas, que ten pouco máis de ano e medio. Déixovos con ela.
- PARTES DO CORPO:
- pe (tanto o pe coma o pelo e as pernas)
- man
- o (tanto o ollo coma a orella)
- na (nariz)
- de (dedos e dedas)
- den (dentes)
- bo (boca)
- cu
- ba (brazo)
- ROUPA:
- pan (pantalón)
- ca (camiseta)
- tenis
- to (toalla)
- tin (calcetín)
- ma (manta)
- go (gorro)
- bo (botón)
- COMIDAS:
- co (equivale a comer e á comida)
- gur (iogur)
- quei (queixo)
- agua (auga)
- bi (biberón)
- pan
- ga (galleta)
- ma (mazá)
- pe (pera)
- pa (plátano)
- me (melocotón)
- no (noz)
- la (laranxa)
- ki (kiwi)
- fe (fresa)
- bibe abu (cervexa de botella)
- XOGUETES E MEDIOS DE TRANSPORTE:
- yiyi (o seu oso para durmir)
- mu (música)
- lli (libro)
- o (oso)
- mi (mickey mouse)
- mo (moto)
- bi (bici)
- co (coche)
- ca (camión)
- ten (tren)
- bus
- bar (barco)
- taatoo (tractor)
- a (avión)
- cote (helicóptero)
- ba (balón)
- gol (fútbol/balón de fútbol)
- pin (pinturas)
- NÚMEROS:
- un
- do
- tes
- ca
- chin
- se (para o seis e o sete)
- oi
- no
- dee
- ANIMAIS:
- can
- ga (gato)
- pa (paxaro)
- pei (peixe)
- cua-cua (pato, aínda que tamén o chama pa)
- ca (cabalo)
- va (vaca)
- bee (ovella)
- lo (lobo)
- o (oso)
- coco (cocodrilo)
- mo (mono)
- le (león)
- ti (tigre)
- bu (burro)
- OUTRAS COUSAS:
- pis
- caca
- ca (calle)
- ca (casa)
- tintón (reloxo)
- titititi (despertador)
- gaga (teléfono e diga)
- nene (neno/nena)
- titi (chica guapa, sobre todo se é loira)
- ra (radio)
- va (vaso)
- cae/cai (para caer, caeu, caín...)
- ven (imperativo)
- ben
- non
- si
- aquí
- a (adeus)
- o (ola)
- ma (mala/malo)
- ma (máis)
- to (todo)
- gua (guapa/-o)
- co (comer, como, comes...)
- co (corre, corro...)
- co (colo)
- pon (pon, poñer...)
- ti (quere dicir eu)
- mi (mira, imperativo)
- co (colle, imperativo)
- A FAMILIA:
- mamá
- papá
- abu
- abu Pepe (o seu bisavó)
- Ani (tía Fani e o meu primo Dani)
- Go (Yago, meu irmán)
- I (Iria, a moza de Go)
- Pepín (un tío meu ao que chamamos así)
- Lo (Loli, miña madriña)
- Artur (o fillo duns amigos que se chama así)
- Gu (polo seu nome: Lucas)
- TENTATIVAS DE FRASES (OLOFRASES):
- co ti (como eu só, con golpe na man de mamá incluído)
- mamá ven (versións con papá, abu...)
- mi mu (ponme a música de Mickey xa!)
- mamá (ou papá, etc.) mi (mira!)
- mamá co (mamá hai un coche ou colle o coche, tamén o di con outras persoas e obxectos)
2.10.08
bufff!
