19.11.06
EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA
Nunha sociedade coma a nosa, na que cada vez somos máis intolerantes, menos respetuosos e máis egoístas, abundan adultos cargados de prexuízos que unicamente consideran como válidas as súas propias ideas.
Semella por iso moi necesario tratar de mellorar a educación, cando menos dos adultos do futuro. Entón, ¿como se pode pensar que tentar educar ós nosos nenos en valores democráticos (supostamente defendidos por todos) atenta contra a liberdade dos pais? ¿Non atentará máis contra a nosa liberdade o feito de que cuestións dogmáticas, neste caso non compartidas por todos nin defendidas pola constitución, ocupen parte do horario escolar para algúns nenos, mentras que ós outros se lles aparta da súa aula coma se dun castigo se tratase?
Comments:
<< Home
Aínda que moi esporádicamente da gusto que escribas algo. A min deprímeme ver blogs abandonados, e como quen abandona un can.
Non nos teñas tanto tempo sen publicar!
Non nos teñas tanto tempo sen publicar!
Aí falaches. Por certo, oxalá houbese algún ministro de educación que se atrevese a quitar os contidos dogmáticos do currículo dos centros públicos e adicar o tempo que se lles adica a éstes a unha verdadeira educación cívica de todos os nenos.
Enviar um comentário
<< Home